Este sitio web utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si continúas navegando, implica que las aceptas y estás de acuerdo con nuestra política de cookies. OK

FILMANOVA é una produtora audiovisual que abarca o deseño, creación, realización, produción e posprodución de produtos para cine, televisión, publicidade e teatro.

Despois dunha longa traxectoria na produción audiovisual, Antón Reixa e un grupo de profesionais, responsables da creación, desenvolvemento e produción das tempadas iniciais do grande éxito da TVG “Mareas Vivas”, fundan e desenvolven dende novembro de 1999 esta empresa, para continuar no ámbito da produción televisiva e ampliar a súa actividade ao cine e ao audiovisual en xeral.

Entre 2001 e 2003, a compañía capitalízase fortemente coa integración no seu accionariado de entidades financeiras, grupos corporativos e inversores individuais.

Os criterios de traballo e metodoloxía da compañía baséanse en intensos procesos de desenvolvemento, a través de departamentos propios de creación, realización, produción e posprodución. FILMANOVA practica una política de alianzas, coproducións nacionais e internacionais e de xestión de recursos financeiros propios, para garantir a viabilidade e independencia dos proxectos.

En 2014, créase MAD MEX FILMANOVA, que incorpora novos accionistas e que é o vehículo societario para executar un novo plan de negocio baseado nunha estratexia de internacionalización en Latinoamérica (focalizado principalmente en México e Brasil) e Europa.

Onde estamos

Simón Bolívar, 13, baixo
15011 A Coruña
Ver mapa en Google Maps

Contacto

Teléfono: +34 981 160 188
Email: info@filmanova.com

Filmanova
Simón Bolívar, 13 baixo
15011 A Coruña
Spain