Share

A caixa negra

2009. Antón Reixa (director)

A caixa negra

A caixa negra parte dunha situación determinada que causou un impacto social especial no pasado e que agora revive, despois dun tempo, xunto aos seus protagonistas, analizando os feitos co sosego que dá a distancia e coa experiencia e reflexión dos anos transcorridos. O guía polo túnel do tempo destes feitos é o xornalista galego Fernando González 'Gonzo'.

Así, n'A caixa negra son os propios implicados os que nos fan partícipes das súas experiencias, ao mesmo tempo que podemos coñecer mellor o que aconteceu no seu día e que foi das súas vidas dende entón.

Baseado no xénero reporteiro, o programa é un novo formato que no seu día foi a estrea máis vista na historia da canle autonómica vasca e está co-producido por Filmanova para TVG.

Formato orixinal de K 2000 e El Mundo TV.

Diante da cámara

Presentador: Fernando González, Gonzo

Detrás da cámara

Director: Anton Reixa. Guionistas: Luis Montenegro, Nicolás Rodríguez.

Descargas

Filmanova
Simón Bolívar, 13 baixo
15011 A Coruña
Spain